Asociación de Veciños

Santa Eulalia De

GORGULLOS

Xuntando aos veciños, coidando da nosa parroquia

Benvidos a Gorgullos

Xuntando aos veciños, coidando a nosa parroquia.

Benvidos á páxina oficial da Asociación Veciñal de Gorgullos (Tordoia). Este é o punto de encontro dixital para todas as persoas que levamos a Gorgullos no corazón, vivamos aquí todo o ano ou esteamos fóra.

A nosa misión é sinxela pero vital: manter viva a nosa parroquia. Dende o coidado do nosa contorna, como a Férveda e a Muiño de Xan e Estevo, ata a celebración das nosas festas e tradicións. Queremos que este espazo sirva para informarte do que pasa no pobo e para recordarnos que, xuntas, facemos comarca.

  • Coidar o noso contorno

    Mantemos camiños, fontes e espazos como as Aceas de Xan e Estevo.

  • Celebracións e tradición

    Apoiamos o Entroido de Arcai, as festas patronais e as actividades que nos reúnen.

  • Veciñanza e apoio

    Somos unha rede de axuda entre veciños e defendemos os nosos intereses ante o Concello.

A nosa historia (quen somos)

Esta asociación non nace hoxe, somos herdeiros do esforzo de moitos vecinos e veciñas que, antes que nós, traballaron para mellorar a vida en Gorgullos

A foto que ves á dereita é un testemuño do noso orgullo: veciños que dedicaron o seu tempo e cariño a crear comunidade. Hoxe, unha nova directiva recolle ese testemuño coa mesma ilusión. Non queremos cambiar a esencia de Gorgullos, senón protexela.

Asociación de confianza

Defendemos os intereses da nosa veciñanza.

Tradicións vivas:

Mantemos vivas as celebracións únicas como o Entroido de Santa Susana de Arcai e as nosas festas patronais.

Veciños e fundadores da asociación